IniciosociedadeO BNG solicita a oficialidade do galego nas zonas limítrofes de Asturias,...

O BNG solicita a oficialidade do galego nas zonas limítrofes de Asturias, Bierzo e Zamora

Néstor Rego rexistrou unha iniciativa reclamando o cumprimento do último informe dos expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou que esixirá ao Goberno socialista a normalización da lingua galega na Administración do Estado e na Xustiza, e expón o cumprimento das recomendacións da Carta das Linguas Rexionais que aprobou o Consello de Europa e que, ao seu xuízo, permitiría facer oficial este idioma en zonas limítrofes de Galicia como O Bierzo de León e partes de Asturias e de Zamora.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, un dos interlocutores do PSOE para acadar a investidura de Pedro Sánchez, rexistrou unha iniciativa reclamando o cumprimento do último informe dos expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas á que España está adherida desde 1992. O documento alertou de que a presenza do galego no sistema educativo é “insuficiente”.

Na súa iniciativa, o deputado do BNG sinalaque o Estado debe asegurar unha presenza adecuada das linguas cooficiais na administración periférica, e con todo o “coñecemento e uso por parte dos seus funcionarios segue sendo insuficiente“.

Así mesmo, subliña a recomendación incumprida de estender o recoñecemento destas linguas en zonas limítrofes, o que ao seu xuízo permitiría que o galego se considerase oficial, “coas garantías e protección que isto supón, en zonas limítrofes de Asturias, O Bierzo e Zamora”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...