Burela e Viveiro, entre as localidades nas que Renfe pechará a venta presencial de billetes

A Xunta amosa a súa "oposición frontal" ao recorte do servizo, que prevé para o vindeiro martes

Chegada do tren á estación de Burela. OLIVIA A. VIDAL/FACEBOOK

O vindeiro martes, día 31 de decembro, Renfe pechará a venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela, unha medida á que a Xunta de Galicia mostrou o seu rexeitamento.

Diso informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado enviado aos medios, no que explica que o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, remitiu este venres unha carta ao representante institucional de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle traslada a oposición “frontal” do Goberno galego a esta medida.

A perda deste servizo sería un novo revés para o tren da Mariña Lucense, ao que se lle acumulan os problemas,como a escaseza de horarios e as múltiples cancelacións, moitas delas a causa de avarías no material. Máis información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here