IniciosociedadeA Mariña perdeu o 11,52% dos seus habitantes en tres décadas

A Mariña perdeu o 11,52% dos seus habitantes en tres décadas

A bisbarra sumaba 72.046 habitantes no inicio de 2019, polos 81.428 de 1981

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense non escapa á sangría demográfica que viven boa parte dos municipios galegos. Así o certifica o Instituto Nacional de Estatística (INE), que vén de publicar os datos dos padróns municipais no inicio do exercicio 2019. A bisbarra ten 72.046 habitantes, por 81.428 cos que contaba no 1981.

Isto supón que a comarca mariñá perdeu 9.382 habitantes, o 11,52% dos seus habitantes no prazo de tres décadas. Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Vicedo e Xove forman parte do grupo de 245 municipios -dos 313 de Galicia- que perderon poboación desde o inicio da década dos oitenta do século pasado.

SANGRÍA DEMOGRÁFICA NO INTERIOR

A poboación dalgún destes municipios quedou practicamente á metade; Ourol, que tiña 1.959 habitantes en 1981, perdeu o 48% dos seus residentes; en Trabada, a poboación caeu un 45,35%; en Riotorto, un 44%. Concellos como Mondoñedo (5.843) ou A Pontenova (3.781), entidades municipais importantes á altura desa referencia cronolóxica, perderon 2.275 e 1.607 persoas, respectivamente.

Percíbese así o declive demográfico do interior da bisbarra; ningún termo municipal non costeiro da Mariña Lucense gaña habitantes.

SÓ AS CATRO VILAS ATRAEN POBOACIÓN

Só tres concellos da comarca –Foz, Ribadeo e Viveiro– se suman ao total de 68 concellos que incrementaron o seu número de residentes. As grandes vilas destacan así como polos de atracción demográficos, e un capítulo especial merece Burela, termo municipal do que non hai datos en 1981 -aínda pertencía a Cervo, ata a segregación consumada en decembro do 1994- pero que se aproxima aos 10.000 habitantes na actualidade, con 9.588.

DATOS

DATOS DE POBOACIÓN POR MUNICIPIO EN 2019 (ENTRE PARÉNTESE, NO 1981)

Alfoz 1.688 (2.916)

Barreiros 2.934 (3.801)

Burela 9.588 (-)

Cervo 4.227 (12.750)

Foz 9.980 (9.785)

Lourenzá 2.140 (3.148)

Mondoñedo 3.568 (5.843)

A Pontenova 2.264 (3.871)

Ourol 1.018 (1.959)

Ribadeo 9.854 (8.894)

Riotorto 1.262 (2.257)

Trabada 1.118 (2.046)

O Valadouro 1.991 (2.815)

O Vicedo 1.675 (2.706)

Viveiro 15.466 (15.098)

Xove 3.273 (3.539)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...