IniciosociedadeO PP insta ao Concello de Ribadeo a "repensar" a eliminación da...

O PP insta ao Concello de Ribadeo a “repensar” a eliminación da recollida do lixo os festivos

Os conservadores aseguran que a medida "empeorará" un servizo "que xa deixa moito que desexar"

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular (PP) de Ribadeo criticou este mércores a decisión “unilateral” do goberno local de eliminar a recollida de lixo os días festivos. Segundo a formación conservadora, trátase dalgo “inexplicable”, que “é máis criticable aínda se se ten en conta que o servizo actual deixa moito que desexar”.

A edil popular Elena Sierra denuncia que “son varias as ocasións nas que os colectores están a rebosar, acumulándose así importantes cantidades de residuos inas beirarrúas”; o que provoca, primeiro, “unha imaxe deplorable da vila e, segundo, a creación dun foco de insalubridade”, argumenta.

“As incidencias na recollida son continuas. Iso sabémolo e vémolo todos. E agora o asunto non só non mellora senón que empeora coa supresión da recollida os festivos”. Por este motivo, Sierra considera que a medida que prevé implantar o Concello é “unha clara irresponsabilidade dos seus dirixentes”.

“Se os responsables políticos non están á altura de dar solucións acordes ás situacións, é mellor que abandonen as súas responsabilidades“, sostén a concelleira, que remarca que gobernar “é xestionar de forma que se poida facer máis con menos, priorizando aquilo que non prexudique á cidadanía e ao desenvolvemento do municipio”. Para Sierra, o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, está “sobrepasado” e pide ao executivo municipal que “repense a decisión” a fin de evitar “un caos“.

O Concello anunciara días atrás este recorte, polo que eliminará a recollida de lixo os días festivos, “agás que coincidan dous seguidos, como pode ser por exemplo en Semana Santa ou o 15 e 16 de agosto”.

O CONCELLO ALEGA QUE “HAI QUE DAR DESCANSO AO PERSOAL”

Díaz Freije xustificou esta medida na necesidade de dar descanso ao persoal. “A planta de Barreiros xa non abría os festivos, aínda que o Concello de Ribadeo recollía o lixo esas xornadas e quedaba nos camións ata o día seguinte. Agora para permitir descansar aos traballadores e para conciliar o servizo que ofrece Ribadeo co que presta a planta de transferencia de residuos de Barreiros, a Concellaría de Medio Ambiente adopta esta medida”.

O concelleiro de Medio Ambiente pide “colaboración á veciñanza para que non depositen ese día e o resto dos festivos as súas bolsas de lixo nos contedores. É preferible que as teñan nas súas casas unhas horas e que as tiren á xornada seguinte. Mellor iso que ver os contedores a tope e o lixo tirado pola rúa”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...