IniciosociedadeO PP de Viveiro pide habilitar un acceso ás bancadas do pavillón...

O PP de Viveiro pide habilitar un acceso ás bancadas do pavillón para persoas con mobilidade reducida

Os conservadores solicitan ao Concello que elabore un estudo e, se non é posible acometer a obra neste momento, se inclúa nos orzamentos de 2020

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro defenderá unha moción no vindeiro pleno para que o Concello se comprometa a adoptar “as medidas necesarias” para facer accesibles para persoas con mobilidade reducida as bancadas do pavillón municipal de deportes.

A concelleira do Partido Popular viveirense Inmaculada Nespereira asina a iniciativa, na que os populares propoñen, por un lado, “que o Concello, por medio dos correspondentes departamentos técnicos, efectúe un estudio para crear un acceso ás bancadas para persoas con mobilidade reducida”.

Por outra banda, unha vez feito ese estudo, os conservadores solicitan ao goberno local viveirense “as medidas precisas para a creación de dito acceso. O PP di que se economicamente no se pode levar a cabo esta obra neste momento, que se inclúa nos presupostos para o actual exercicio económico, aínda sen aprobar”, expón Nespereira.

Argumentan os populares que “é necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns”.

Os edís populares recordan que o Consejo Superior de Deportes di, con respecto ás instalacións deportivas, que “as bancadas deben ter unha zona accesíbel e apta para espectadores en cadeira de rodas, reservándose unha praza por cada 200 espectadores“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...