IniciosociedadeO Concello non esixiu "ata o pasado outubro" o acceso libre a...

O Concello non esixiu “ata o pasado outubro” o acceso libre a Illa Pancha, onde aprobou un hotel no 2017

Por Nuestro Faro denuncia que 24 meses despois da concesión da licenza para os apartamentos turísticos na contorna do faro, a zona segue restrinxida a veciños e visitantes

Publicada o

- Advertisement -

Por Nuestro Faro denuncia que se cumpren dous anos sen acceso público a Illa Pancha, situación da que responsabiliza ao goberno local ribadense, que no inicio de 2017 “concedeu a licenza de actividade dos apartamentos turísticos na zona” e non reclamou ata “hai tres meses” á empresa que “cumprise coa lexislación vixente”.

O colectivo indica que o Concello aprobou a mencionada licenza o día 1 de decembro de 2017, “ao constatar que a porta de acceso estaba aberta ás 14.00 horas daquela data”. Segundo Por Nuestro Faro, “varios informes técnicos internos do executivo municipal e da Autoridade Portuaria esixían esa condición dacordo ca lexislación vixente. Pero Illa Pancha seguiu pechada ao público en xeral e só poden acceder as persoas que arrenden habitacións no devandito establecemento”, lamenta.

Por Nuestro Faro critica que “nin o noso colectivo nin a opinión pública tivemos coñecemento da concesión” desta autorización “ata primeiros de xaneiro de 2019, cando tivemos acceso a unha parte do expediente da concesión da licenza trala presentación dunha denuncia diante da Valedora do Pobo Galego, que obrigou ao Concello a permitirnos consultar os documentos devanditos ao abeiro da Lei de Transparencia“.

Á demanda diante da Valedora, prosegue Por Nuestro Faro, seguiron “senllos escritos no Concello en maio de 2019, dando conta ao señor alcalde (o nacionalista Fernando Suárez Barcia) desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública, sen que respostase”. En xuño, o colectivo formalizou unha denuncia na Fiscalía de Mondoñedo “ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario”.

“DEREITOS PISOTEADOS” MENTRES “O ALCALDE CALA”

Segundo o grupo, “agora sabemos, a través de informes xurídicos que o día 3 de Outubro de 2019, o concello de Ribadeo notificou por escrito á Empresa Eirobra S. L. a obrigatoriedade de manter aberta ao público a porta de acceso á Illa Pancha para dar cumplimento ás condicións da concesión da licenza de actividade, 21 meses despois de concedela“.

Por Nuestro Faro critica que “nun asunto de interese xeral, onde se ven afectados os dereitos dos veciños e visitantes, tres meses e medio despois desa esixencia, ou sexa 24 meses despois da concesión da licenza a porta segue pechada e os dereitos democráticos do vecindario, o dereito de libre acceso a un espazo público segue pisoteado e marxinado, co alcalde calado e ollando para outro lado”.

A agrupación espera novas “en pouco tempo” sobre a denuncia formalizada na Fiscalía do Xuzgado de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...