A veciñanza de Ourol e Abadín pode plantar pataca desde este venres

O DOG publica a resolución pola que se inclúen os dous municipios na zona tampón, que permite o cultivo do tubérculo dentro dunha vixilancia da couza guatemalteca

A prohibición de plantar patacas mantense desde marzo do 2017. AXM

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución que levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca, entre eles os de Ourol e Abadín. Os restantes concellos da Mariña Lucense terán que agardar.

O levantamento da prohibición de plantar pataca beneficiará os agricultores dos concellos coruñeses de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, así como os dos municipios lucenses de Ourol e Abadín.

A resolución deixa de considerar estas localidades zonas infestadas pola couza, ao non rexistrar ningunha captura nos dous últimos anos, e pasa a englobalas na demarcada como zona tapón. Isto supón que se lles permitirá plantar pataca pero que se fará un seguimento exhaustivo das plantacións por parte da Consellería, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación.

Por outra banda, a resolución que publica o DOG exclúe da zona tapón toda a superficie dos concellos de Pontedeume, Monfero, Vilarmaior e Miño na provincia da Coruña, e dos municipios de Xermade e Vilalba, na provincia de Lugo. Desta forma, adquiren o status de zona libre de couza e deixan de estar sometidos a control por parte da consellería. Toda a información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here