IniciosociedadeAdamo instalará fibra óptica desde febreiro no polígono de Barreiros e nas...

Adamo instalará fibra óptica desde febreiro no polígono de Barreiros e nas parroquias costeiras

O Concello pedirá que se realice un estudo para levar a infraestrutura ás fegresías do interior

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros anunciou que as vindeiras semanas comezarán as obras para a instalación da fibra óptica no concello. Nunha primeira fase, que comezará polo parque empresarial, achegarase a infraestrutura ás parroquias costeiras; estando pendente a elaboración do estudo para a súa extensión ás fegresías do interior.

A previsión da empresa Adamo é que durante o mes de febreiro se desenvolvan as obras para a instalación de fibra óptica de alta velocidade no concello de Barreiros, sendo así dos primeiros da zona en contar con este servizo.

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, valora esta noticia, xa que “a día de hoxe contar con unha conexión a internet é fundamental para calquera empresa, persoa autónoma ou particular, xa que a tendencia é a que a maioría das xestións se realicen por esa vía”. Neste sentido apunta a que “o feito de contar con fibra óptica de gran velocidade no polígono industrial dálle un valor engadido a Barreiros, xa que non só é un polígono con inmellorables comunicacións por transporte, senón tamén virtuais; o que o fai aínda máis competitivo”.

Desde o Concello aseguran que o interese do goberno municipal é lograr a instalación do servizo na totalidade do termo municipal, polo que tratarán de que se realice o estudo para a súa extensión ás parroquias do interior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...