InicioCulturaTá en Artes lémbralle ao PP que entregou á Xunta un proxecto...

Tá en Artes lémbralle ao PP que entregou á Xunta un proxecto para solventar as carencias no Cenima

Despois de que os conservadores presentasen unha moción para reclamar á Deputación que custee un técnico, o colectivo insta a "madurar as ideas" e traballar "sen interese partidista"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Tá en Artes emitiu un comunicado no que asegura sentirse “sorprendida” polas declaracións do responsable do grupo municipal do PP, Javier Castiñeira, que anunciou a presentación dunha moción para reclamar á Deputación de Lugo que financie a contratación dun técnico de cultura para coordinar as exposicións do Centro de Interpretación da Mariña (Cenima).

“Estes anos, vimos constatando a problemática do uso de este espazo singular para a comarca da Mariña. Entendemos, en primeiro lugar, que as propostas sobre o mesmo, teñen que levar un estudo previo, derivado das experiencias e dos axentes sociais que traballan a prol da cultura na comarca”, remarca a agrupación, que precisa que ten presentado un proxecto marco que foi entregado ao alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, e presentado ao director xeral de cultura da Xunta de Galicia.

“AS IDEAS TEÑEN QUE SER MADURADAS”

“Os documentos elabóranse para ser discutidos, orientados, e modificados no seu caso, pola posibilidade de acadar un documento final para ser eficaz e sostible no tempo entendendo a base fundamental do problema, tal é, o respaldo de todos e todas independentemente da cor política que goberne en cada momento. Entendemos dende o eido cultural, que as ideas teñen que ser maduradas para acadar os fins consensuados, e a política ser entusiasta xestionadora administrativa dos resultados para que o camiño sexa o doado, e dende esta perspectiva, conseguir o fin proposto”.

Neste sentido, Tá en Artes móstrase disposta a traballar “sen interese partidista” para que os mariñaos “poidan desenvolver o seu potencial cultural e contribuír á educación que fundamenta a base desenvolvible de calquera pobo. Cremos en espazos comúns da cultura na súa diversidade, para realizar proxectos dos que todos e todas aprendamos e poidamos compartir con nenos e nenas na súa traxectoria formativa. Só da capacidade de diálogo e as vontades persoais e políticas poderemos acadar os obxectivos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...