A Catedrais loce nun programa da televisión británica con dous millóns de espectadores

O areal ribadense foi unha das paradas do espazo, que percorreu en tren o Norte de España

Imaxe do programa. VIMEO

A canle Channel 5 británica emitiu hai uns dúas unha reportaxe sobre a praia das Catedrais, que colleitou “en prime time máis de dous millóns de espectadores“, segundo expuxo o goberno local de Ribadeo.

O programa versa sobre rutas de trens arredor do mundo que pasan a carón de lugares espectaculares. Neste caso, percorreu o norte de España, desde o País Vasco ata Galicia, pasando por Bilbao, Cabezón de la Sal, Candás ou Ribadeo.

O espazo non ten presentador, de xeito que son as persoas que coñecen persoalmente o lugar quenes fían o programa, ou aqueles que poidan ter historias interesantes sobre el. Neste caso, o alcalde ribadense ou o gaiteiro de Burela, Albano González, filmado no areal. Podes ver o vídeo nesta ligazón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here