IniciosociedadeA Fiscalía dálle a razón a Por Nuestro Faro e recoñece a...

A Fiscalía dálle a razón a Por Nuestro Faro e recoñece a obriga de manter Illa Pancha aberto ao público

O fiscal admite que "é clara" a obriga da empresa concesionaria de "facilitar o acceso ao público en xeral"

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo respondeu á denuncia presentada no pasado mes de xuño por Por Nuestro Faro, segundo revelou o propio colectivo a través dun comunicado de prensa. Despois de que a agrupación reclamase a apertura ao público de Illa Pancha, tal e como concreta a licenza de actividade de hotel concedida polo Concello de Ribadeo, o ministerio Fiscal dálle a razón ao grupo.

A Fiscalía recoñece que a empresa concesionaria ten a obriga de manter a porta aberta, en cumprimento da normativa vixente e das condicións de licenza: “é clara a obriga do concesionario de facilitar o acceso á illa do público en xeral”. O ministerio Fiscal, que precisa que queda aberta a vía xudicial, resalta que “en diversos controis realizados pola Policía Local de Ribadeo a partir de setembro de 2019 a porta de paso peatonal ficou aberta de forma regular”, unha afirmación que o colectivo non comparte.

“O problema é que os veciños sabemos que a realidade non é esa, por eso apelamos ao señor alcalde (o nacionalista Fernando Suárez Barcia) e aos concelleiros para que crarexen esa contradicción mentres seguiremos denunciando que se está usurpando o dereito democrático da veciñanza a acceder a un espazo de uso público e que o Concello de Ribadeo non adopta medidas eficaces para garantilo”.

PROXECTO DE CAFETERÍA

Respecto ao proxecto de cafetería que está a tramitar a empresa concesionaria, Por Nuestro Faro lamenta ter coñecemento do proxecto “a través da prensa e non do alcalde”, pois “a falla de información xenera unha discriminación dunha parte da sociedade en beneficio de intereses particulares”. O colectivo expón que “pola nosa banda presentamos un escrito no concello solicitando o acceso ao devandito expediente e estamos na agarda da resposta”.

“Hai que subliñar algún aspectos: O informe do Defensor del Pueblo que esixia a redacción de un Estudo de Impacto Ambiental foi aceptado pola Autoridade Portuaria, pero ese estudo nunca se chegou a realizar. Supoñemos que o Concello de Ribadeo non volverá a pasar de  esguello por esta custión decisiva para calquer proxecto incluído na Rede Natura 2000“, asegura Por Nuestro Faro.

“En terceiro lugar debemos dar conta de que o proxecto de legalización do verquido e da fosa séptica sometido a exposición pública por Augas de Galicia en Agosto de 2018 ainda permanece sen resolución, despois de transcurridos 17 meses”, indica a agrupación, que agrega que pediu ao ente hidráulico da Xunta de Galicia “información sobre o expediente e as nosas alegacions presentadas o 9 de setembro de 2018 e ate agora non recibimos reposta pero hoxe tivemos confirmación telefónica de que o expediente segue sen resolverse e non se sabe para cando pode recaer”.

MÁIS VERQUIDOS

“Resulta como mínimo sorprendente que estando sen aprobar unha fosa séptica e un verquido para os apartamentos se tramite un proxecto de cafetería que tería un potencial de verquido moito maior e que precisaría un novo expediente para ser legalizado”, critica Por Nuestro Faro.

“Xa calificamos de esquizofrénica a situación da Illa Pancha e pouco mais podemos engadir. A porta de acceso está pechada, cando legalmente deberá estar aberta –agora xa o di ata o fiscal de Mondoñedo- o Estudo de Impacto Ambiental sen realizar despois de catro anos de ser esixido polo Defensor del Pueblo e admitido polo Ministerio de Fomento eo Proxecto de legalización da fosa séptica con verquido á Rede Natura 2000 ano e medio sen resolución. E de todo esto non se sabería nada se non houbese un colectivo social que o denunciase”, conclúe o colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...