IniciosociedadeUn desprendemento obriga a reforzar a seguridade na LU-161

Un desprendemento obriga a reforzar a seguridade na LU-161

A Xunta investiu 27.000 euros nun muro de escollera, despois de que o carril dereito da estrada á altura do fito quilométrico 8,200 quedase en situación de precariedade

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executou unha obra para reforzar a seguridade na estrada LU-161 (LandroveFerreira do Valadouro) no entorno do punto quilométrico 8,200, despois de que se producira nesta zona un desprendemento do noiro do terraplén que provocou que a estrada quedase co carril dereito en situación de precariedade, e ocasionando tamén un gran esvaramento de terras sobre un camiño existente.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a solución adoptada consistiu na construción dun muro de escollera de 20 metros de longo e sete metros de alto, co obxecto de conter a propia plataforma da estrada.

A solución adoptada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) supuxo un investimento de 27.000 euros e incluíu a retirada do material deslizado do camiño, así como o recheo de material filtrante e a colocación dun tubo drenante no trasdós do muro. Os traballos foron financiados con cargo ao Contrato de Conservación da Zona Norte da provincia de Lugo.

Situación antes da obra. AXM

ATRIBUÍDO ÁS CHOIVAS

Segundo expón a Xunta, a estrada LU-161 presenta un trazado a “media ladeira” e no entorno do punto quilométrico 8,200 atravesa terreos de natureza xeolóxica complicada. Os técnicos da AXI optaron por esta solución tras concluír que como consecuencia das intensas choivas rexistradas en novembro, os terreos desta ladeira sobrecargáronse de auga, o que ocasionou unha inestabilidade importante na ladeira que orixinou o deslizamento que afectou gravemente á integridade da plataforma da estrada, xa que se produciu o desprendemento do noiro do terraplén.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...