IniciosociedadeO Concello de Burela inicia inspeccións nos locais de hostalería para medir...

O Concello de Burela inicia inspeccións nos locais de hostalería para medir os decibelios

O goberno local levará a pleno o vindeiro día 6 a aprobación definitiva da conta xeral de 2018, sen a que sería "moi difícil solicitar subvencións"

Publicada o

- Advertisement -

O primeiro pleno ordinario da nova corporación municipal de Burela, trala celebración da sesión plenaria de organización o pasado 21 de decembro, será o vindeiro xoves, 6 de febreiro, segundo deu a coñecer na tarde deste luns o alcalde burelao, Alfredo Llano. A aprobación definitiva da conta xeral de 2018 e unha modificación de crédito serán algúns dos asuntos a abordar. O executivo local tamén informou do inicio dunha campaña de inspeccións do ruído nos locais nocturnos.

O rexedor dixo que “neste primeiro pleno ordinario queremos que se aprobe a conta xeral correspondente ao ano 2018 porque é importantísimo. Xa foi aprobada na Comisión de Economía e Facenda en novembro, pero tivo que pasar por unha exposición pública que rematou o 19 de decembro”, indica Llano.

O alcalde de Burela remarca que “esa conta xeral resultou ser positiva en todos os aspectos e reflexa un bo remanente, de máis de tres millóns de euros. Queremos aprobala para que, presentada con todo positivo nos sirva para seguir coa normalidade no Concello, por exemplo para solicitar subvencións e outros labores que sen tela aprobada serían moi difíciles”, admite.

Llano contou que outro punto da orde do día “outro punto é unha modificación de crédito, dado que de momento temos que seguir cos orzamentos do ano 2019 prorrogados porque non fixemos o pleno para aprobar os presupostos do 2020″.

O PP ALERTARA SOBRE UNHA SUPOSTA PERDA DE AXUDAS

“Hai un pequeno desfase económico para pagar o servizo de limpeza viaria, polo que imos aprobar unha modificación de crédito para que se poida adaptar o prezo real para o ano 2020 cos orzamentos prorrogados do 2019. Hai que facer unha operación normal de tesourería para poder adaptalo e ter a garantía total de poder afrontar ese gasto neste ano”, precisa o rexedor.

A principios do pasado mes de xaneiro, o PP alertara incluso da perda de axudas por supostos erros nas contas.

“EQUILIBRIO” ENTRE OS NEGOCIOS E O DESCANSO

Por outra banda, o alcalde explicou que “o Concello de Burela iniciou xa esta pasada fin de semana unha serie de inspeccións nos diferentes locais de hostalería, sobre todo nocturnos, para procurar que se adapten ben á normativa vixente, sobre todo no referido aos decibelios que pode haber no seus establecementos”.

Para Llano “evidentemente o que se trata desde o Concello é de normalizar e de equilibrar o exercicio dunha profesión bonita e que atrae xente a Burela co dereito ao descanso da xente que está adxacente a eses locais. Xa comezamos o venres pasado e vamos seguir durante este mes de febreiro facendo este tipo de inspeccións co único propósito de normalizar a situación e que se vexa claramente que queremos que exista un equilibrio entre o negocio e o descanso. Pensamos que é importante dado que loxicamente non queremos que haxa protestas, pero queremos que exista actividade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...