IniciosociedadeO desfile de Entroido de Viveiro, o 25 de febreiro, contará con...

O desfile de Entroido de Viveiro, o 25 de febreiro, contará con máis de 5.500 euros en premios

O Concello incentivará a inscrición, aberta do 10 ao 20, con 200 euros por carroza

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro ultima os detalles da programación do Entroido 2020 e xa ten listas as bases para participar no tradicional desfile e concurso de disfraces do martes 25 de febreiro, no que repartirá máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías.

Á espera de publicar o cartel e a programación íntegra prevista para o Entroido, que se dará a coñecer proximamente, o Concello anuncia que o prazo para apuntarse no desfile vai do 10 ao 20 de febreiro.

Establécese, ademais dos premios, unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecido.

CATEGORÍAS

No concurso haberá as seguintes categorías: categoría adultos, que inclúe carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual; e categoría infantil, que inclúe individual, parellas e grupos.

Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría. É imprescindible ir ataviados co disfraz no momento da entrega de premios, que se efectuará ao remate do desfile.

PRÉSTAMOS

Todas aquelas persoas que desexen solicitar o préstamo dunha carroza de titularidade municipal para participar no desfile de Entroido do concello, poden presentar as súas solicitudes no rexistro municipal ata o venres 14 de febreiro. As carrozas prestadas serán recollidas na nave municipal e devoltas no mesmo lugar, debendo entregarse no mesmo estado no que se reciben.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...