IniciosociedadeQueixas en Chavín, Landrove, Galdo e Vieiro polo "deficiente" servizo de telefonía...

Queixas en Chavín, Landrove, Galdo e Vieiro polo “deficiente” servizo de telefonía móbil de Movistar

O Concello de Viveiro considera "indignante" que a compañía "non teña unha oficina física" onde a veciñanza poida presentar as súas reclamacións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro manifestou a través dun comunicado de prensa o seu “malestar” polos prexuízos que o deficiente servizo da operadora Movistar está provocando na telefonía móbil da veciñanza de varias parroquias.

En concreto, recibiu numerosas queixas de residentes en parroquias como Chavín, Landrove, Galdo e Vieiro. O Concello de Viveiro considera “indignante que a compañía non teña unha oficina física na que os usuarios poidan presentar as súas reclamacións”.

De feito, o propio goberno local quixo comunicar á compañía as queixas transmitidas polos veciños e tampouco puido por ese motivo, por carecer dunha oficina física na que presentar a reclamación.

CAÍDA DUNHA ANTENA

O Concello ten constancia da presentación dunha queixa ao respecto ante o Instituto Galego de Consumo, na que se fai constar que, “segundo fontes non oficiais da compañía”, o problema deriva dunha caída de “tráfico” na antena situada no Monte Castelo.

Dende o Concello amósase un apoio total aos veciños afectados e comprende a súa preocupación pola situación, agardando que se arranxe pronto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...