IniciosociedadeO BNG alerta de que Viveiro non poderá plantar patacas "alomenos ata...

O BNG alerta de que Viveiro non poderá plantar patacas “alomenos ata 2022”

Segundo informou a Consellería aos nacionalistas, no 2019 detectáronse casos de couza guatemalteca no termo municipal viveirense

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro anunciou a través dun comunicado de prensa que vén de recibir un informe da Xunta de Galicia solicitado pola organización nacionalista, no que se informa de que non se poderá plantar pataca no termo municipal viveirense ata 2022.

Os nacionalistas viveirenses solicitaron información á Xunta co fin de coñecer a evolución da praga da couza guatemalteca no seu termo municipal, “a raíz da preocupación amosada pola veciñanza” e ante a “total falta de transparencia e información ao respecto desta problemática en Viveiro”. O Goberno galego levantou o pasado 17 de xaneiro o veto ao cultivo de pataca en Ourol e outros oito concellos galegos, pero mantivera a prohibición en 15 de 16 concellos da Mariña Lucense.

Os “escasos” datos remitidos pola Consellería de Medio Rural ao BNG viveirense sobre a evolución da couza guatemalteca neste termo municipal, desde o 2017, confirman que no concello de Viveiro “rexistráronse dúas capturas da couza guatemalteca no ano 2019, o que implica que a veciñanza deste concello seguirá sen poder cultivar patacas durante os próximos dous anos, cando menos, posto que a Xunta non levantará as restriccións deste cultivo”, expón o Bloque.

A formación frontista concreta que o veto manterase “mentras se detecte a presenza da polilla nas zonas infectadas e entanto non se cumpra o artigo 15 do Real Decreto 197/2017, que estabelece que deben pasar un mínimo de dous anos consecutivos sen que se rexistren capturas para declarar o termo municipal libre desta praga.

CRITICA A “FALTA DE EFICACIA” DA XUNTA

O BNG de Viveiro critica a “falta de eficacia” na xestión da Xunta de Galicia para loitar contra a praga da couza guatemalteca desde a súa aparición, e lamenta “que non fora capaz de adoptar ao longo dos últimos tres anos as medidas necesarias para eliminar esta praga e lograr así que a veciñanza, logo destes anos de prohibición, puidera volver a cultivar patacas neste 2020”.

“Por outra banda non se entende”, denuncia Míriam Bermúdez, voceira dos nacionalistas, “que nin a Xunta de Galicia nin o Concello de Viveiro realizaran xuntanzas informativas periódicas e de asesoramento coa veciñanza, para mantela informada sobre as medidas implatadas para eliminar a couza, o tipo e número de controis realizados, trampas instaladas, evolución do número de capturas e zonas onde foron atopadas as polillas, entre outras”. Desde 2017 non houbo charlas informativas, censura o Bloque.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...