IniciosociedadeOs Xulgados de Viveiro tramitaron 12.655 escritos no 2019, un 19% máis...

Os Xulgados de Viveiro tramitaron 12.655 escritos no 2019, un 19% máis ca no 2018

Funcionarios alertan de que a litixiosidade nos órganos xudiciais viveirenses supera "nun 52,49%" os módulos de entrada aprobados polo CXPX e o ministerio de Xustiza

Publicada o

- Advertisement -

Dous traballadores dos Xulgados de Viveiro e integrantes da Mesa Local Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero, Marco López e David Díaz, advertiron de novo este venres da carga de traballo que soportan os órganos do partido xudicial viveirense, que recibiron un total de 12.655 escritos no ano 2019, 2.406 máis (un incremento do 19%) ca no exercicio 2018.

“O incremento anual que veñen padecendo os Xulgados é evidente”, resaltan os funcionarios, que sinalan que “estes novos números hai que sumalos aos asuntos de exercicios anteriores que continúan activos“.

BAREMOS DE SOBRECARGA

López e Díaz explican que entre os anos 2003 e 2018, o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) estableceu uns módulos de entrada de asuntos diferentes aos de rixen na actualidade. A modificación destes xurdiu co obxectivo de fixar a carga de traballo “normal” dun xulgado e delimitar con claridade a partir de que intre resultan necesarios os aumentos do cadro funcionarial, os reforzos de persoal ou a creación de novos órganos.

Anteriormente, no eido civil, o límite estaba en 380 demandas ao ano; agora son 680. Antes, en penal, o límite eran 2.500 denuncias. Agora son 1.000″, esgrimen os traballadores, que explican que “a razón desta última modificación á baixa na xurisdicción penal reside en que naquel entón os sobresementos dos atestados sen autor coñecido chegaban aos xulgados, mentres que na actualidade son arquivados de xeito directo polas Forzas e Corpos de Seguridade. Sen embargo, o aumento no límite na xurisdicción civil responde simplemente a un novo criterio político do Poder Xudicial”, argumentan.

Así, expoñen que no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, que conta ademais coas funcións de Decanato e de Rexistro Civil, no 2018 entraron polo ámbito civil 682 novas demandas, por 787 recibidas no 2019.

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2, que ostenta as competencias en Violencia sobre a Muller, no 2018 recibíronse no ámbito civil 704 demandas, polas 805 tramitadas no 2019. Cifras que superan amplamente o límite de 680 causas estipulado polo Poder Xudicial.

No ámbito penal, o número 1 recibiu 575 denuncias no 2018, por 519 no 2019. No tocante ao número 2, instruíronse 543 (2018) e 621 (2019) novas causas.

SENTENZAS POR EXECUTAR DESDE O 1993

A nova norma di que cando se supere en máis dun 30% o módulo fixado, entenderase necesario establecer algún tipo de medida das anteriormente contempladas. En concreto, para os xulgados mixtos coma os de Viveiro especifícase que se deberá ter en conta o promedio de Primeira Instancia (civil) e Instrución (penal), “que no caso dos órganos xudiciais viveirenses supera nun 52,49% os módulos aprobados polo CXPX e o Ministerio de Xustiza, próximo a duplicar o 30% fixado polo propio Poder Xudicial”, expoñen os traballadores.

Os funcionarios alertan de que “os módulos dos que estamos a falar unicamente miden a entrada de asuntos, non a tardanza en resolvelos que, por lóxica, é maior canto máis expedientes ingresan nos xulgados. Aí é onde a poboación residente no partido xudicial de Viveiro sofre as consecuencias dunha Administración de Xustiza excesivamente lenta“, sosteñen. No pasado mes de febreiro, os traballadores advertían da acumulación de ata 3.075 causas civís pendentes. “No ámbito civil, por exemplo, existen execucións de sentenzas en vigor dende o ano 1993 (procedementos nos que se están a practicar embargos de salarios ou pensións)”, precisan.

O TSXG NON CONSIDEROU SOLICITAR UN TERCEIRO XULGADO

Así, conclúen que “os números avalan a creación dun terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Viveiro, máis cando se corrobora o aumento anual do que falamos”. A Xunta de Galicia disporá en breve un reforzo de persoal no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, comprometido desde hai dous anos, e tamén reforzará o número 1, aínda que en principio de xeito temporal.

Recentemente, o TSXG aprobou na súa proposta de novos órganos xudiciais na comunidade galega, solicitando Xulgados de primeira instancia para Lugo e Sarria, entre outras localidades galegas.

INSPECCIÓN DO CXPX NOS VINDEIROS DÍAS

O CXPX fará nos vindeiros días -12 e 13 de febreiro- unha inspección da situación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro; ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 tocaralle en outubro, por parte do TSXG.

OS DATOS:

 

XULGADO 1

E

XULGADO 2

 

Escritos presentados polas partes procesuais para o debido impulso na tramitación ordinaria dos expedientes civís e penais.

 

2018

 

 

10.249 escritos.

 

2019

 

 

12.655 escritos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XURISDICCIÓN

CIVIL

(PRIMEIRA INSTANCIA)

 

 

 

 

XULGADO NÚM. 1 (TAMÉN CON FUNCIÓNS DE DECANATO E REXISTRO CIVIL)

 

 

 

2018

682 novas demandas presentadas.

171 novas execucións de resolucións xudiciais firmes.

64 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

2019

787 novas demandas presentadas.

181 novas execucións de resolucións xudiciais firmes.

77 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

 

XULGADO NÚM. 2 (TAMÉN CON FUNCIÓNS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER)

 

 

 

2018

704 novas demandas presentadas.

202 novas execucións de resolucións xudiciais firmes.

70 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

2019

805 novas demandas presentadas.

260 novas execucións de resolucións xudiciais firmes.

71 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XURISDICCIÓN

PENAL

(INSTRUCIÓN)

 

 

 

 

XULGADO NÚM. 1 (TAMÉN CON FUNCIÓNS DE DECANATO E REXISTRO CIVIL)

 

 

 

2018

575 novas denuncias tramitadas.

18 novas executorias de resolucións xudiciais firmes.

255 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

2019

591 novas denuncias tramitadas.

7 novas executorias de resolucións xudiciais firmes.

277 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

 

XULGADO NÚM. 2 (TAMÉN CON FUNCIÓNS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER)

 

 

 

2018

543 novas denuncias tramitadas.

22 novas executorias de resolucións xudiciais firmes.

201 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

 

 

2019

621 novas denuncias tramitadas.

24 novas executorias de resolucións xudiciais firmes.

286 novos exhortos recibidos para a súa cumprimentación (cooperación xudicial entre xulgados).

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...