IniciosociedadeO centro de acollida María Nazarena obtén o certificado de calidade ISO

O centro de acollida María Nazarena obtén o certificado de calidade ISO

O servizo, fundado en Burela no 2008, acolleu no 2019 a cinco mulleres en situación de vulnerabilidade con fillos ao seu cargo

Publicada o

- Advertisement -

O centro de acollida María Nazarena, da obra social impulsada polas Fillas do Divino Celo-Rogacionistas desde o ano 2008 en Burela, obtivo o certificado de calidade ISO 9001:2015.

Este recurso especializado que dá acollida a mulleres con fillos ao seu cargo, que se atopan en situación de vulnerabilidade e emerxencia social, creouse ao detectar que neste tipo de casos non existía en Galicia ningún centro orientado ás familias, onde os pequenos menores puidesen ser acollidos xunto ás súas nais, en unidades familiares independentes para favorecer a autonomía e a convivencia familiar.

Con este distintivo o Centro María Nazarena é un do poucos da súa tipoloxía que obtén unha certificación de calidade na prestación dos seus servizos.

Durante o ano 2019 o centro acolleu a cinco familias que foron derivadas polos servizos sociais municipais ou autonómicos por presentar situacións de violencia de xénero ou desafiuzamentos, por exemplo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...