IniciosociedadeO Concello de Xove repartirá 4.910 euros no desfile de Entroido, o...

O Concello de Xove repartirá 4.910 euros no desfile de Entroido, o 22 de febreiro

O goberno local incrementa nun 28% o orzamento para premios con respecto ao 2019

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou este venres o programa de actividades para o Entroido 2020. O goberno local disporá un total de 4.910 euros en premios para o desfile, o que supón un 28% máis ca no pasado exercicio.

Segundo avanzaron o alcalde xovense, o popular Demetrio Salgueiro, e maila concelleira de cultura, Dolores Meitín, o 21 de febreiro será o Festival de Entroido da escola infantil, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove que rematará no salón de actos do centro cívico a partires das 11.00 horas.

O sábado será o día central dos festexos. Ás 16.00 horas haberá pasarrúas a cargo da Charanga Louband, que previamente ofrecerá unha actuación na residencia San Bartolo.

O desfile comezará ás 17.00 horas, con saída do campo de fútbol municipal e chegada no centro cívico. Ao seu remate comezará o baile de disfraces no pavillón, coas actuacións de Grupo Fénix e Decibelios. No evento entregaranse os premios das categorías infantís (20.00 horas) e das restantes (00.00 horas). A entrada é de balde. O Concello disporá unha carpa por se fixese mal tempo.

INSCRICIÓNS

Os interesados pódense inscribir no consistorio, na oficina do técnico de cultura ata o venres 21 de febreiro, ou ben chamando por teléfono ao 982.59.20.01. Tamén se poderán anotar o mesmo día do desfile, de 15.00 a 16.30 horas no punto de saída. Todos os participantes que se inscriban nos días previos ao certame recibirán agasallo.

CONTÍA DOS PREMIOS

PREMIOS
CARROZAS COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS PARELLAS  ADULTOS INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante)
1º – 500 EUROS

2º – 350 E

3º –  250 E

4º – 250 E

5º –  200 E

6º – 200 E

1º – 300 E

2º – 250 E

3º –  200 E

4º – 200 E

5º –  150 E

6º – 150 E

1º –  130 E

2º – 100 E

3º –  70 E

4º – 70 E

5º –  60 E

6º – 60 E

1º – 70 E

2º – 60 E

3º –  50 E

4º – 50 E

 

1º –  60 E

2º – 50 E

3º –  40  E

4º – 40 E

 

-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E.

-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E.

-Premio ao participante máis maior: 30 E.

-O participante máis novo recibirá un agasallo.

 

GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS PARELLAS

INFANTÍS

INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos)
1º –  130 E

2º – 100 E

3º –  70 E

4º – 70  E

5º –  60 E

6º – 60 E

1º –  70 E

2º – 60 E

3º –  50 E

4º – 50 E

 

1º –  60 E

2º – 50 E

3º –  40 E

4º – 40 E

 

 

O Concello destaca que “fronte aos catro premios en cada categoría de carrozas e grupos da pasada edición, pasamos este ano a ter seis galardóns en cada unha destas modalidades. En canto as categorías de parellas e individuais, o que fixemos foi igualar as cantidades, e así equiparamos en premios as categorías infantís coas adultas”, conclúe.

VIVEIRO

O Concello de Viveiro, pola súa banda, que repartirá 5.500 euros en premios no seu desfile (o martes 25 de febreiro), fixo públicas as bases do concurso de disfraces.

Premios en Viveiro. AXM

O Concello estimulará a participación cunha axuda especial de 200 euros para cada unha das carrozas participantes no desfile.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...