IniciosociedadeDomingo de alerta laranxa na Mariña por temporal costeiro, con ondas de...

Domingo de alerta laranxa na Mariña por temporal costeiro, con ondas de ata seis metros

Tamén se activará o aviso amarelo por ventos, con refachos que alcanzarán os 90 km/h

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense estará este domingo en alerta laranxa por temporal costeiro. Así o anunciou a Xunta de Galicia, que advertiu dun fenómeno meteorolóxico adverso de segundo grao de perigosidade.

Segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), agárdase mar combinada do oeste con ondas de cinco a seis metros. O aviso laranxa activarase desde as primeiras horas da tarde do domingo. Tamén se espera vento do suroeste a oeste de forza 8 en torno á Estaca de Bares.

 

Aviso da Xunta. AXM

Así mesmo, a bisbarra ficará en alerta amarela por ventos do suroeste, con refachos que poderían alcanzar os 90 quilómetros por hora (km/h).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...