A Mariña continúa en alerta laranxa, con ventos de máis de 107 km/h en Viveiro e ondas de ata sete metros

Este luns segue o temporal costeiro na bisbarra, con mar combinada do Noroeste

Ondas en Ribadeo. EFE/ELISEO TRIGO

EFE. A costa galega permanece este luns en alerta laranxa, con ventos que superan os 107 quilómetros por hora e ondas de ata sete metros na Mariña Lucense e na provincia da Coruña, informan Meteogalicia e Portos do Estado.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa dun episodio adverso no mar de nivel laranxa, con mar combinada do noroeste e ondas de ata sete metros e vento forte no Noroeste da Coruña e na provincia de Lugo.

Esta madrugada rexistráronse olas de máis de cinco metros en Estaca de Bares e Vilano-Sisargas, e de 4.37 metros na Coruña.

O vento soprou con forza en Lugo, onde alcanzou os 107,2 quilómetros por hora (km/h), ás 1.50 horas, na estación de Penedo do Galo, en Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here