IniciosociedadeRequisan 2.000 quilos de pataca en Ourol nun control da praga da...

Requisan 2.000 quilos de pataca en Ourol nun control da praga da couza guatemalteca

Queda por determinar a orixe da mercancía, envasada en sacos e almacenada en camións, e as responsabilidades dos donos se se demostra que procedía da zona en corentena da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Axentes da Garda Civil, do Seprona e de Seguridade Cidadá interviñeron o pasado xoves no municipio lucense de Ourol uns 2.000 quilos de patacas supostamente procedentes da zona en corentena para erradicar a praga da couza guatemalteca.

Segundo informou a propia Garda Civil a EFE, esa mercancía foi detectada, precisamente, no marco das inspeccións que se están levando a cabo, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, para controlar a praga da couza.

As patacas estaban envasadas en sacos e no interior de varios camións, polo que os axentes da Garda Civil incautaron de forma cautelar a mercancía e trasladárona a un almacén da Xunta de Galicia en Viveiro, para que a Consellería de Medio Rural se faga cargo da mesma.

Tamén queda por determinar a orixe da mercancía e as responsabilidades nas que poideron incorrer quenes estaban á fronte deste cargamento se finalmente se demostra que as patacas procedían da zona en corentena da Mariña Lucense.

PERMITIDO O CULTIVO DESDE XANEIRO

A Xunta de Galicia levantara a prohibición de cultivar pataca en Ourol o pasado día 17 de xaneiro, despois de non observarse ningún caso de couza guatemalteca en dous anos. O municipio ourolés pasou así á zona tampón, na que se permite plantar o tubérculo cunha vixilancia especial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...