O Ribadeo Indiano 2020 xa ten datas

A sexta edición do evento celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo

Imaxe do Ribadeo Indiano 2019. AXM

O Ribadeo Indiano 2020 xa ten datas, segundo anunciou a páxina oficial do evento a través das redes sociais. A sexta edición, baixo o lema ‘Alén do tempo‘, celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo.

A festa de celebración do pasado indiano de Ribadeo converteuse nos últimos anos, malia a súa xuventude, nunha das citas de referencia do verán na Mariña Lucense. Segundo os datos de Acisa e do Concello, no pasado exercicio congregou a máis de 60.000 persoas, cun impacto económico de 3,5 millóns de euros no municipio.

Cifras que confirman o crecemento da cita, pois no 2018 comerciantes e goberno local calcularon en 50.000 o número de asistentes. O Ribadeo Indiano pretende rememorar, coa axuda da arquitectura da vila, “un escenario onde localizar un ambiente propio de principios do século XX recreando unha sociedade claramente influenciada polas tradicións e modas traídas polos indianos”. Nos dous últimos anos, a celebración dedicouse a un país latinoamericano: Uruguai primeiro e Cuba no 2019.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here