IniciosociedadePiden precaución desde a madrugada deste domingo na Mariña por ventos de...

Piden precaución desde a madrugada deste domingo na Mariña por ventos de 100 km/h

Activarase a alerta laranxa desde a mañá por fortes refachos de aire do suroeste

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña estará este domingo en alerta laranxa desde as primeiras horas da mañá por ventos que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora (km/h).

Segundo expuxo a Xunta de Galicia nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé que o fenómeno meteorolóxico adverso se note na bisbarra desde as 9.00 horas. Agárdanse ventos do suroeste que poden alcanzar os cen km/h.

 

En zonas como A Montaña e o interior de Lugo, ou o Noroeste da Coruña, o aviso por ventos será amarelo.

O Concello de Viveiro dictou un bando para anunciar que dende o domingo
ás 06.00 horas da mañá queda prohibida a realización de
calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o termo municipal,
procedéndose, así mesmo, ao peche do parque Pernas Peón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...