Hollywood dispara a comercialización de patacas “made in Galicia”

A premiada película 'Parásite' deulle fama internacional a Bonilla a la vista, que tivo que aumentar o persoal nun 10%

Patacas fritidas Bonilla a la Vista, vendidas en Corea

As coñecidas patacas galegas saíron na última edición dos Óscar de Hollywood. Foi grazas á súa aparición na obra de Boo Joon-ho, ‘Parasite‘, que gañou a estatuíña nas categorías de mellor guión orixinal, mellor película, mellor película estranxeira e mellor director. ‘Bonilla a la Vista‘ xa eran coñecidas dentro das clases altas de Corea do Sur, mais grazas a este filme, aumentaron as súas vendas on-line nun 150%.

Pero, como foi este súpeto éxito que ten abraiado a César Bonilla, o fundador da empresa? Este home de 87 anos continúa traballando e di que nas últimas semanas houbo que aumentar o seu plantel laboral nun 10%. Toda a noticia no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here