Ribadeo cuantifica en case 340.000 euros o arranxo da estrada dos Garitos e pide colaboración á Xunta

O Concello realizou xestións con Feve para "ter algún tipo de dereito real" sobre a vía, que "non é de titularidade municipal"

Estrada dos Garitos. PÁXINAS GALEGAS

O Concello de Ribadeo solicitou por carta á Xunta de Galicia colaboración para o arranxo da estrada dos Garitos, que cuantifica en 336.924 euros.

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, anunciou que vén de enviarlle unha carta á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sobre a moción presentada polo Partido Popular e aprobada por unanimidade no pleno do Concello relativa ao arranxo e acondicionamento da estrada dos Garitos, que “dá servizo a algunhas vivendas e industrias e ademais é empregada por moitos peóns para acceder á zona comercial. Non conta con beirarrúas que fagan seguro o camiño dos peóns por ningunha das dúas marxes, e tampouco conta con ningún tipo de mobiliario urbano. A iluminación é escasa, por non dicir inexistente”, indicaba o PP na súa iniciativa.

Suárez Barcia subliña que “non se trata dunha infraestrutura municipal” e resalta que “en todo caso, entendendo a motivación do grupo popular neste caso, realizáronse nestes últimos días xestións co actual titular, Feve, que conducirán nun breve lapso de tempo a posuír algún tipo de dereito real sobre os bens que permita executar as obras”.

O rexedor cifra o custo das actuacións precisas en “336.924 euros”, segundo a memoria técnica entregada á Xunta. Deste xeito, sostén que “sen esta colaboración, entendemos que non será posible executar os traballos que se recollen na citada moción”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here