IniciosociedadeCritican a colocación dun letreiro para reivindicar como "público" o Hospital da...

Critican a colocación dun letreiro para reivindicar como “público” o Hospital da Mariña

A plataforma sanitaria, que denunciou nos últimos anos o "desmantelamento" da sanidade pública por parte do Sergas, cualifica a instalación do cartel de "electoralismo"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña criticou este xoves a actitude do Servizo Galego de Saúde (Sergas) pola colocación dun letreiro para revindicar como “hospital público” o centro hospitalario da bisbarra, en Burela.

O colectivo cualifica a iniciativa de “electoralismo“, dado que “os hospitais do Sergas son públicos por definición”. A plataforma sanitaria resaltou ao longo dos últimos anos as contantes derivacións de pacientes a centros hospitalarios privados como parte do que entende como unha estratexia da Xunta de Galicia de “privatización dos servizos sanitarios” e de “desmantelamento da sanidade pública”.

A colocación destes carteis -con letras de 1,60 metros de alto e símbolos de dous metros a cada lado do Sergas e da Xunta- nos principais centros hospitalarios de Galicia é unha constante desde o ano 2017, cando a Xunta investiu 150.000 euros en instalar catro letreiros en centros da provincia da Coruña. No 2019 colocou outros dez por un importe de medio millón. Nesta decena de casos, os prezos oscilaron entre os 48.000 e os 53.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...