IniciosociedadeTeatro infantil sobre Rosalía ou un encontro con Antía Yáñez destacan nas...

Teatro infantil sobre Rosalía ou un encontro con Antía Yáñez destacan nas programacións polo 8-m

Os Concellos de Viveiro, Cervo e Trabada anunciaron actos con motivo do Día Internacional da Muller

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Trabada, Viveiro e Cervo anunciaron actos cos que celebrarán o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo.

O goberno local trabadense convida o primeiro de marzo á presentación do libro ‘Senlleiras‘ da escritora burelá Antía Yáñez. Será ás 12.00 horas, na casa da cultura.

‘Senlleiras’, novela vertebrada sobre a historia dunha influencer que sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man pantasma, levou o Premio Illa Nova de Narrativa no ano 2018. A partir dela tócanse as vidas de varias mulleres, en diferentes séculos. Despois da presentación, haberá unha comida de confraternidade no Mesón Camiño Norte, para o que é preciso anotarse chamando ao número de teléfono do Concello (982.135.011).

VIVEIRO

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro organizan, un ano máis, a décimo sétima Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do 8 de marzo. Este ano celebrarase o día 7 de marzo de 2020, sábado, no restaurante Louzao (Area-Viveiro).

O menú, cun prezo de 40 euros por persoa, estará composto por mariscada do Cantábrico, sorbete, carne, postre, viño branco e tinto, café e barra libre. A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos.

As mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao ata o día 5 de marzo de 2020, xoves. Para calquera información ou dúbida, poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982.56.21.49) ou ao restaurante Louzao (982.55.06.42 – 982.55 10.42).

CERVO

En Cervo, a delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade organizarán diversos actos o sábado 7 de marzo.

Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22.00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tiques na Casa da Cultura de San Cibrao (982.59.51.57). Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se está xogar durante este mes; e haberá un recoñecemento especial para a muller de máis idade, asistente á cea. A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Zafiro.

PARA NENOS DE PRIMARIA E FAMILIAS

Ademais, o 8 de marzo haberá unha obra de teatro dedicada a Rosalía de Castro, escritora da que se cumpre o aniversario neste 24 de febreiro.

‘Rosalía’, precisan desde o executivo municipal, “é moito máis que un achegamento teatral á súa vida e á súa obra”. É un espectáculo pensado para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por mulleres “intensamente vencelladas ao teatro de palabras”.

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha “rapaza alegre, forte e curiosa como eles, que vive, xoga e goza no país da infancia. Unha que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago de Compostela“. A protagonista da obra “quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor”.

A representación teatral, dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Cris Collazo e Rocío González, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura sancibrense, ás 19.00 horas. A entrada é libre.

MANIFESTACIÓN EN FOZ

Para o 8 de marzo, en Foz, está prevista a manifestación unitaria do feminismo mariñao polo Día Internacional da Muller.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...