Xigantes e cabezudos animarán o desfile de Entroido de Barreiros, o vindeiro venres

O concurso repartirá 1.350 euros e contará cun xurado formado por profesionais de distintas áreas

Cea de Entroido de Barreiros nunha edición anterior. AXM

O Concello de Barreiros, que conta coa colaboración das comparsas locais, Macanudos e Habelas Hainas, organiza o desfile de entroido para a noite deste venres, 28 de febreiro.

A saída será dende a Praza do Concello ás 21.00 horas e discorrerá polas rúas de San Cosme; baixada polo centro médico, rúa das vivendas sociais, subida pola estrada da praia (teleclub), e chegada por Rúa Vila ata o Concello.

Como novidade os participantes estarán acompañados por cabezudos e xigantes que farán as delicias do público cos seus bailes a animacións.

Este ano o Concello reforzará a iluminación con cinco puntos de luz onde os participantes deben facer as súas exhibicións. Nestes puntos atoparanse os xuíces que farán valer a súa experiencia en diferentes áreas, eles son: Reme Espantoso (recoñecida deseñadora), Lucía (Coida de ti), Ana (Ana peluquería), Juan (técnico de cultura no Concello do Valadouro) e Quique (Arco da Vella).

Cartel do Entroido barreirense. AXM

Ás 22.30 terá lugar no pavillón municipal a cea de entroido. O menú, servido por Chao dos Navais, estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre; a un prezo de 17 euros por persoa e a oito euros para menores de 12 anos.

Unha vez rematada a cea terá lugar a entrega de premios e posterior baile amenizado polo Dúo Estrellas con entrada libre.

INSCRICIÓNS

As inscricións poderán facerse online dende a web municipal ata o día 28 ás 18.30 horas. De maneira presencial nas oficinas xerais do Concello de 8.30 a 14.30 horas, na Biblioteca Municipal, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas ata o día 27.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here