IniciosociedadeContinúa o temporal costeiro este martes na Mariña, con ondas de ata...

Continúa o temporal costeiro este martes na Mariña, con ondas de ata seis metros

Agárdase mar combinada do noroeste e vento do suroeste, forzas 7 a 8

Publicada o

- Advertisement -

Un aviso laranxa afectará este martes ás costas da Coruña e A Mariña Lucense por ondas de entre cinco e seis metros de altura entre as 4.00 e as 18.00 horas. Agárdase mar combinada do noroeste, e vento do suroeste, forzas 7 a 8.

O resto da xornada tamén haberá aviso amarelo por ondas de entre catro e cinco metros en toda a costa galega, incluída aquí a provincia de Pontevedra, segundo advertiu a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Ademais, boa parte de Galicia estará afectada por avisos amarelos debido a fortes ventos (de forza sete), mentres se espera neve con acumulacións de ata cinco centímetros nas montañas de Ourense e Lugo.

O vento soprou con forza este luns en Viveiro, onde se alcanzaron os 115,3 quilómetros por hora (km/h).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...