IniciosociedadeViveiro inspeccionará vivendas do casco histórico para comprobar o seu estado tralos...

Viveiro inspeccionará vivendas do casco histórico para comprobar o seu estado tralos temporais

Os técnicos urbanísticos valorarán a situación dos inmobles ao longo dos vindeiros días por se requiren "medidas urxentes" de conservación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou que fará estes días inspeccións nas vivendas do casco histórico para comprobar o seu estado tras os últimos temporais e, de ser necesario, adoptar medidas urxentes.

En concreto, a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, fixo pública unha providencia na que dispón “que os vixiantes urbanísticos do Concello realicen unha inspección ás vivendas do casco histórico co fin de comprobar o seu estado tras os temporais dos últimos meses, co fin de determinar a súa situación actual e valorar a necesidade de adoptar medidas con carácter urxente”.

A alcadesa tomou esta decisión xa que “dentro do casco histórico hai un gran número de vivendas para as que se ten incoado expediente de orde de execución e tendo en conta, ademais, que os temporais acontecidos nos últimos meses puideron afectar ao estado destes inmobles”, explican desde o goberno municipal.

“Trátase, polo tanto, dunha medida preventiva por parte do Concello, consciente de que as condicións meteorolóxicas foron moi adversas e co obxectivo de evitar problemas maiores”, resalta Loureiro.

O concello agradece a colaboración dos veciños e residentes no casco histórico, que deben comunicar calquera deficiencia que vexan nos edificios da zona.

OFRECE AXUDA PARA SOLICITAR SUBVENCIÓNS DA XUNTA

O executivo municipal viveirense pon a disposición da veciñanza a oficina de rehabilitación municipal para a tramitación dunha nova liña de axudas da Xunta de Galicia destinadas ás vivendas.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 26 de febreiro unha resolución pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para 2020.

Entre outras axudas convócanse as de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da seguridade e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Algúns exemplos son actuacións nas envolventes dos edificios, instalación de ascensores, actuación nas instalacións para aforro enerxético ou adaptación de vivendas.

O importe das axudas variará en función do tipo de obra, das características da vivenda e da situación do solicitante. O prazo de solicitude remata o día 27 de marzo. Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como que as vivendas sexan A a residencia habitual e non ter débedas coas administración, entre outros.

Para máis información e/ou tramitar as solicitudes da axuda, os veciños poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982.56.29.68.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...