IniciosociedadeComezan as obras de humanización da avenida Ría de Ribadeo

Comezan as obras de humanización da avenida Ría de Ribadeo

As actuacións, que facilitarán o tránsito seguro dos peóns da vila á zona comercial, durarán ata novembro e terán un orzamento de 380.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou o inicio das obras de humanización da avenida ría de Ribadeo, que se prolongarán ata o mes de novembro. As actuacións, que teñen como obxectivo facilitar o tránsito de peóns ao longo da vía, contan cun orzamento de 380.000 euros, financiado con fondos municipais e coa achega da Deputación de Lugo.

As obras consistirán na instalación de beirarrúas alá onde faltan e de pasos elevados, na mellora de iluminación, no exendido dunha nova capa de rodadura, no soterramento do cableado de media tensión e na plantación de árbores e colocación de mobiliario urbán para humanizar a avenida. A adxudicataria das actuacións é a empresa coruñesa Sergonsa Obras e Servizos.

xunto coa renovación da rúa san roque, é un dos proxectos máis ambiciosos do goberno local

O proxecto, un dos máis ambiciosos dos emprendidos polo goberno local nesta lexislatura xunto coa renovación da rúa San Roque, pretende facilitar e asegurar o paso dos peóns que transitan entre Ribadeo e a zona comercial de Vilar. Abrangue melloras en máis dun quilómetro de percorrido

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, resalta que se trata “dun viario moi importante, un dos dous accesos que ten a vila de Ribadeo e que foi unha estrada convencional durante moitos anos, de paso case exclusivo de vehículos rodados, e a día de hoxe é unha avenida onde conviven moitos viandantes xunto cos vehículos. Iso supón ás veces un perigo”, expón.

ACTIVIDADES COMERCIAIS

O rexedor subliña que “desde o Hotel Voar adiante hai gasolineiras, supermercados, talleres de reparación de vehículos e unha chea de actividades comerciais que non teñen ben resolto o acceso peonil. Toda esa zona é solo urbán consolidado desde hai uns catro anos, e imos darlle o nivel de humanización que merece”, sinala. Suárez Barcia lamenta as molestias que podan causar as actuacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...