IniciosociedadeO BNG denuncia que a ponte de Mañente "segue sen reparar" desde...

O BNG denuncia que a ponte de Mañente “segue sen reparar” desde o choque dun camión, en xullo

Os nacionalistas lembran que un dos carrís da N-642 segue pechado desde aquela

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou a través dun comunicado que os desperfectos na ponte de Mañente, onde no pasado xullo un camión chocou coa construción, “seguen sen rematar” desde o día do sinistro, o 24 dese mes.

O representante do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, tenente de alcalde focego, Francisco Xavier Fanego, tenente alcalde, e a concelleira Gema Méndez, Daniel Castro, candidato ao Parlamento e membros do BNG comarcal, lembraron que neste punto da N-642 “un dos carrís sigue pechado desde aquela, cos conseguintes inconvintes e problemas de seguridade  para as persoas usuarias”. Os edís locais trasladaronlle esta problemática para que sexa transmitida ao Goberno para solucionalo o antes posible.

“INCUMPRIMENTOS” DO ESTADO

“Esta situación é unha pinga máis no vaso dos incumprimentos dos sucesivos gobernos do Estado con Galicia e especialmente coa comarca da Mariña Lucense en materia de infraestruturas”, afirmou Rego.

No mesmo sentido pronunciouse Fanego, que recordou os “innumerables anuncios” feitos polos “Gobernos do Psoe e do PP para o arranxo integral da N-642 e da N-634. É unha auténtica tomadura de pelo a focegos e mariñaos que despois de varios anos aínda non se rematara na súa totalidade esa reparación integral nin se atendera o problema do cruce de Cangas, con grave perigo para a seguridade”.

Todas estas demandas serán trasladadas ao goberno central, así como a necesidade de axilizar a autovía A-74 Barreiros-San Cibrao que leva “dúas décadas de retraso, desde que a Autovía do Cantábrico foi desviada cara o interior da provincia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...