IniciosociedadeArrinca a Escola de Música Moderna de Trabada, con 45 inscritos

Arrinca a Escola de Música Moderna de Trabada, con 45 inscritos

Alumnado de todas as idades poderá aprender ata oito especialidades diferentes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anunciou que o pasado mércores comezou a andaina da Escola de Música Moderna de Trabada, con 45 inscritos.

O goberno municipal decidiu poñer en marcha este proxecto educativo “co fin de proporcionar á veciñanza unha formación musical de calidade á vez de enriquecer a cultura e o espírito do noso pobo”.

Este proxecto baséase na premisa de que “non existe unha idade establecida para aprender”, explica a alcaldesa, a socialista Mayra García Bermúdez, “polo cal a oferta educativa está aberta a calquera persoa indeferentemente da súa idade”.

As especialidades instrumentais ás que se pode optar, entre outras, son: piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, gaita, acordeón e percusión tradicional, ademáis da materia de música e movemento para os nenos e nenas entre catro e oito anos. O Concello valora o número de inscritos alcanzado, con “boa acollida” tanto da veciñanza trabadense “coma da doutros municipios limítrofes que se inscribiu”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...