O aplauso da Mariña aos profesionais sanitarios

A veciñanza saíu aos balcóns para recoñecer o esforzo de quenes traballan en primeira liña de contaxio polo coronavirus

Ribadeo. RIBADEO/FACEBOOK

Vilas da Mariña Lucense, como Ribadeo ou Burela, sumáronse á campaña popular #AplausoSanitario para agradecer o esforzo aos profesionais da sanidade pública que están a traballar contra a epidemia do coronavirus.

A veciñanza, nos balcóns das súas casas, brindou un caluroso aplauso aos profesionais. Aconteceu esta noite, hai apenas uns minutos, sobre as dez da noite.

Un aplauso que de seguro se faría extensible a todas as persoas que traballan en comercios de produtos de primeira necesidade, e que o fan estes días cunha gran carga de tarefas e tamén en primeira liña de contaxio da epidemia: froiterías, pescaderías, carnicerías, supermercados ou transportistas, só por poñer uns exemplos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here