IniciosociedadeO comercio de Viveiro apela á "solidaridade" de veciños e arrendadores para...

O comercio de Viveiro apela á “solidaridade” de veciños e arrendadores para remontar a crise

O Centro Comercial Histórico cancela a feira de vodas prevista para mediados de abril e exime de pagar a cota mensual aos seus asociados

Publicada o

- Advertisement -

A xunta directiva do Centro Histórico de Viveiro (CCHV) anunciou a cancelación de todas asa actividades de dinamización comercial programadas para as próximas datas, tamén a feira ‘Viveiro vai de voda’ prevista para os días 17, 18 e 19 de abril.

Nun comunicado de prensa, o colectivo de comerciantes sinala que “temos por diante un período de incerteza económica no que se van ver afectadas moitas empresas, pequenos comercios, autónomos e tódolos seus traballadores polo cesamento da actividade”.

“Os negocios van pasar grandes dificultades debido a esta interrupción da actividade que se decretou”, lamenta a agrupación, que “facendo un importante esforzo, considerando o noso limitado presuposto, eximiremos ós nosos asociados do pago da cota do próximo mes”.

PIDE UNHA REUNIÓN CO CONCELLO

A asociación amosa a súa intención de “establecer un diálogo de traballo co Concello de Viveiro para valorar as posibles medidas que dende o goberno local se poden levar a cabo para minimizar o impacto económico que esta crise vai deixar nun sector de vital importancia para a economía deste municipio”.

“Tamén apelamos á solidaridade dos arrendadores dos locais para que, na medida do posible, flexibilicen o pago dos importes dos alugueres”, remarca.

ANIMA A CONSUMIR “PARA QUE AS RÚAS RECOBREN A VIDA”

Finalmente, o colectivo de comerciantes viveirense “apela á conciencia da cidadanía; o comercio e hostalaría local dan vida ás nosas rúas, organizan campañas de promocións, sorteos, concursos, premios, colaboran con clubs deportivos, asociacións culturais, colexios da zona, festas de toda a contorna, en definitiva… dinamizan a economía local. Cando esta situación acabe e poidamos abrir de novo as portas, remontar vai ser moi complicado, e sen o apoio dos clientes non será posible”, explica.

“É a nosa veciñanza quen está detrás dos mostradores para sacar adiante o seu negocio con moito esforzo. Non nos deixemos levar polas compras compulsivas por Internet”, salienta a agrupación, que argumenta que de “se queremos que a imaxe destes días, coas rúas baleiras, cun aspecto pantasmal, non se converta nalgo permanente, temos que ter conciencia e consumir nos comercios e hostalería locais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...