IniciosociedadeA Xunta baralla pechar centros de saúde e reorganizar a actividade en...

A Xunta baralla pechar centros de saúde e reorganizar a actividade en Viveiro, Burela e Ribadeo

A Xunta admite que a medida "pode estar en previsión", pero afirma que "non hai nada decidido"

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) analiza a posibilidade de reorganizar a actividade de centros de saúde na comunidade, un paso que –se finalmente se materialiaza– podería supor o peche dalgúns ambulatorios por mor do coronavirus e que a atención, así como o persoal, se concentrase noutros ambulatorios máis grandes. A Xunta de Galicia asegura que “non hai nada decidido”, pero admite que se analizan “varias posibilidades”, unha das cales sería, na Mariña Lucense, manter só aberta a actividade en Viveiro, Burela e Ribadeo.

Así o afirmaron fontes sindicais e tamén alcaldes como os de Muras e Xermade, Manuel Requeijo (BNG) e Roberto García (PSdeG-PSOE), que foron contactados polo Sergas para polos en preaviso da centralización dos servizos en Vilalba, que se podería dar a vindeira semana.

A nacionalista Ana Ermida, rexedora de Barreiros, ou o socialista José Luis Pajón, de Ourol, confirman que non recibiron avisos nin notificacións. Podes consultar a información completa nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...