Diario de corentena: o coronavirus tras superar un cancro dado por incurable

Iván Quiñoa, que permaneceu meses illado nunha habitación, aconsella para levar a corentena imaxinar situacións que facer unha vez remate a crise sanitaria

Radiografía por Sarcoma de Ewing. REDINI F. & HEYMANN

Iván Quiñoá superou un cancro no 1995, cando os médicos daban o seu caso por perdido, e no 2018 un transplante de ril. Preguntado pola corentena por mor do coronavirus, responde que “o confinamento lévoo moi ben, como teño a experiencia de estar meses ingresado sen saír da habitación dun hospital isto non me parece nada”.

“É curioso, son un grupo de risco por ser un paciente inmunodeprimido, e teño menos medo que o resto dos mortais”, sostén.

Segundo aconsella hai que dedicarse tempo a un mesmo, visualizar cousas positivas, poñerse a escribir un libro, facer unha lista de desexos para cumprir cando xa non esteamos pechados, interactuar máis coa xente da casa… “Eu estiven pechado e illado moito tempo e visualizaba a miña vida fóra, con cousas positivas, abrazado á miña familia, voando coa imaxinación…”, relata.

Continúa a bitácora colectiva Diario da Corentena. Podes ler a información completa nesta ligazón do Xornal de Lemos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here