Diario de corentena: reivindicar a merenda

Estes días atopo Instagram cheo de rutinas de exercicio que miro e admiro; pero de onde sacan tanta variedade de mallas?

Un clásico da merenda. AXM

Ás veces entumécenseme as pernas ao pasar moito tempo seguido sentada nunha cadeira. Só preciso un ordenador diante e un móbil ao lado, pero procuro moverme algo pola casa. Eu nunca fun amiga de practicar deporte. Non é algo do que estea orgullosa, pero évos así. Mentres, abro Instagram e atópoo cheo de stories de xente súper fit que grava as súas rutinas diarias de exercicio a cámara rápida. Eu míroas e admíroas. De verdade. Pero de onde sacan tanta vontade (e tanta variedade de mallas)?

Se todas esas persoas seguen tan a tope co deporte cando acabe a corentena, o Decathlon fórrase. Eu, porén, vou a tope coa merenda para que non lles vaia mal aos supermercados. “Un señor arramplou con todos os botes de lixivia dunha marca” e outros “veñen todos os días para comprar calquera cousa”, dime unha traballadora.

Continúa o Diario de Corentena, bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Xornal de LugoXornal da Mariña. Preme abaixo e le a peza completa de Silvia López.

Día 9 de corentena: o esgotamento do persoal dos supermercados

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here