O comercio de Foz ofrece descontos de entre o 50 e o 80%

O CCA impulsa a campaña 'Afundimos os prezos', que será o aperitivo da Festa Normanda

Cartel da Campaña. AXM

O Centro Comercial Aberto de Foz (CCA) organiza do 20 ao 25 de agosto a campaña denominada Afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con importantes descontos, que oscilarán entre o 50 e o 80%

O presidente de CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.

CENTRO COMERCIAL “AO AIRE LIBRE”

Paleo indica que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran centro comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os artigos expostos e para dar unha volta polas rúas comerciais da nosa vila, nas que ademais poderán disfrutar da nosa hostalería”, conclúe. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here