IniciosociedadeO positivos confirmados na provincia dispáranse nun día: de 63 a 97

O positivos confirmados na provincia dispáranse nun día: de 63 a 97

Este martes documentáronse dous falecementos, un deles o primeiro na Mariña Lucense, o dun usuario da vivenda comunitaria de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, deles 359 son da área da Coruña, 97 da de Lugo, 152 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 312 da área de Vigo, 239 da de Santiago, e 36 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 54 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos.

Un dos últimos falecidos foi un varón de 83 anos, que estaba ingresado no Hospital da Mariña, e que tiña patoloxías previas. Trátase dun usuario da vivenda comunitaria Mirador del Eo, de Ribadeo.

O outro varón, de 61 anos, estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O Xornal da Mariña informou o pasado luns de catro novos positivos de sanitarias no centro hospitalario de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...