Decathlon, con tenda en Ribadeo, presenta un Erte para o 92% do persoal

Na provincia de Lugo documentáronse 1.845 solicitudes desde que se decretou o estado de alarma, que afectarían a un total de 6.285 obreiros

Decathlon de Ribadeo. AXM

Un total de 13.976 empresas en Galicia solicitaron Expedientes de Regulamento Temporal de Emprego (Ertes) desde que se decretou o estado de alarma, cun total de 71.084 traballadores afectados. Na provincia de Lugo, segundo datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria, documentáronse 1.845 solicitudes, que afectarían a un total de 6.285 obreiros.

                ERTES PERSOAS TRABALLADORAS
A Coruña 5.422 25.322
Lugo 1.845 6.285
Ourense 1.715 6.523
Pontevedra 4.576 24.564
Autonómico 402 8.390
Estatal 16 s.d.
TOTAL 13.976 71.084

 

Decathlon, cunha tenda en Ribadeo, notificou aos sindicatos o inicio dun Erte por forza maior para ata 8.886 traballadores tras o peche de todas as súas tendas despois de decretarse o estado de alarma. Ademais da ribadense, na autonomía, Decathlon conta con dez tendas repartidas por: A Coruña (2), Santiago (2), Vigo (2), Oleiros, Ferrol, Lugo e Ourense.

En concreto, este proceso afecta ao 92% do persoal da compañía en España, segundo informaron fontes sindicais. A compañía informou de que o ERTE se aplicará practicamente á totalidade do persoal, quedando exceptuado un mínimo de persoal tanto para o mantemento imprescindible da actividade como da venda ‘en liña‘. Toda a información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here