IniciosociedadeDiario de corentena: o inesperado protagonismo das ventás

Diario de corentena: o inesperado protagonismo das ventás

Estes días son espazos de encontro, serven para proxectar todo tipo de mensaxes e mesmo poden ser a barra dun bar improvisado

Publicada o

- Advertisement -

“Lémbrome moito do comentario que fixera un profesor de Xornalismo sobre un ensaio de Umberto Eco. “Non sei se vos imaxinabades que alguén puidera dedicar un libro enteiro a falar dos espellos”. “Dos espellos non sei, pero das fiestras se cadra si”, pensara eu, que sempre ando dicindo o moito que me gustan as ventás.

De súpeto, as fiestras teñen máis protagonismo ca nunca. Son espazo de encontro entre veciñas que conversan de casa a casa e que aplauden ás oito da tarde; expositores nos que pendurar os debuxos coloridos da rapazada sen clase; o buraco polo que proxectar no edificio de en fronte frases de ánimo e críticas políticas. Mesmo poden ser a barra dun bar improvisado.

“As fiestras son a garantía de normalidade nesta situación tan anormal. Ao outro lado, a vida segue. Máis amodiño e máis triste, pero segue. A primavera avanza allea a toda esta leria e píntanse no ceo uns solpores ben bonitos”, escribe Silvia López.

Continúa a ler esta nova entrega do Diario de Corentena premendo na ligazón que hai baixo estas liñas.

Día 13 de corentena: a vida a través das fiestras (ou cando montas un bar na ventá da cociña)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...