IniciosociedadeO número de pacientes con positivo no hospital aumenta a 20, con...

O número de pacientes con positivo no hospital aumenta a 20, con 30 sanitarias afectadas

Catro dos doentes permanecen na Uci e outros dezaseis en planta; hai 371 casos activos na provincia, 80 máis có pasado luns

Publicada o

- Advertisement -

As persoas ingresadas no Hospital Público da Mariña con coronavirus aumenta a 20 persoas, segundo confirmou este martes o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Hai catro pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela, os mesmos ca o pasado luns, e 16 -dous máis có pasado día 30- nas unidades de hospitalización.

O Sergas documenta 371 casos activos na provincia, que supoñen 80 máis có pasado luns (291). Deles, hai doce en Uci -outros oito no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)-, e 68 en hospitalización -os outros positivos son nove no hospital de Monforte, dous no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA).

Respecto aos casos en domicilio, hai 291 documentados, 70 máis ca no día de onte. No tocante ás altas, computáronse 16, catro máis ca o pasado luns.

O Sergas contabiliza, segundo publicou El Progreso, 30 sanitarias con positivo por coronavirus no Hospital Público da Mariña, cun caso máis pendente de confirmación. Consultadas sobre este dato, fontes da Consellería de Sanidade non concretan unha cifra de traballadoras infectadas, aínda que admiten o aumento dos positivos ao longo dos últimos días -documentáranse só 17 na área de medicina interna-.

94 FALECEMENTOS EN GALICIA

A nivel galego, segundo a última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.758; deles 817 son da área da Coruña, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 17.276.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...