(VÍDEO) O persoal de Traumatoloxía: “agora máis ca nunca, ímolo dar todo e máis”

As profesionais da planta agradecen na peza audiovisual a colaboración de todos os traballadores do Hospital da Mariña e as doazóns de colectivos e empresas

Unha das sanitarias agradece o traballo dos compañeiros. AXM

As traballadoras de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña, que están a afrontar en primeira liña a pandemia do coronavirus, dado que nesa planta se están a tratar aos pacientes que contraeron o virus, publicaron este venres nas redes sociais un vídeo no que agradecen a colaboración dos compañeiros do centro hospitalario mariñao e tamén as doazóns recibidas de colectivos e empresas.

“De todos é sabido que ‘Trauma’ é o caixón de sastre do Hospital da Costa, pero agora máis ca nunca ímolo dar todo e máis”, expoñen no vídeo, no que soa un ‘Resistiré‘ cunha letra diferente, dedicada ao persoal sanitario. As traballadoras do centro hospitalario mariñao viron este venres os froitos do seu traballo coas primeiras altas, a dunha das sanitarias de Medicina Interna infectadas e a dunha residente da vivenda comunitaria privada de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here