Diario de corentena: pequenos xestos, grandes cambios

A empatía cara os colectivos con necesidades especiais é necesaria, máis se cabe, nestes momentos de confinamento

Neno con autismo. EFE

2 de abril celebrábase o Día da Concienciación sobre o Autismo, cando andabamos rondando o pico da curva. Nesa xornada fíxose un especial chamamento á empatía cara estes colectivos que teñen necesidades especiais, máis se cabe, nestes momentos de confinamento. Para moitas destas personas saírse da rutina establecida supón un maior trastorno á súa condición. O lema protagonista desa xornada foi ‘Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios‘.

O día 18 de febreiro, AspergaAsociación Galega de Asperger, celebrábao coa campaña “Haz Espacio”. Falo do síndrome de Asperger (SA), porque este trastorno de orixe neurobiolóxico está enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA); e son o colectivo que máis coñezo á hora de falar do autismo.

Un elefante voando. As persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsedade. E en liñas xerais non lles entusiasma socializar nin o contacto físico coa xente. No tempo traballando con eles pensei moitas veces que a súa interpretación das cousas era máis acorde cun “mundo mellor”, ou que era a súa defensa ante un mundo no que se sinten agredidos. Preme na ligazón para ler completa a nova entrega do Diario de Corentena, bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Diario de corentena: Pequenos xestos responsables dos grandes cambios

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here