IniciosociedadeSegue a estabilidade na provincia, con tres casos máis para un total...

Segue a estabilidade na provincia, con tres casos máis para un total de 566

No Hospital Público da Mariña hai seis ingresados menos; permanecen en Burela catro pacientes na Uci e doce en unidades de hospitalización

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense practicamente estable con respecto ao pasado martes, segundo a estatística oficial ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Consellería de Sanidade contabiliza 566 positivos, tres máis có pasado día 7.

No tocante aos datos de hospitalización no Hospital Público da Mariña, producíronse seis altas; son catro casos de coronavirus na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e 12 en plantas de hospitalización, polos 22 rexistrados o pasado martes.

Dos 566 positivos na provincia, 15 fican na Uci -os outros once no HULA– e 55 en hospitalización, dez menos ca onte (doce na Mariña, sete no Hospital Público de Monforte, oito no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). Documentáronse 496 casos en domicilio (13 máis có martes).

278 MORTES EN GALICIA

A nivel autonómico, o número de positivos en Galicia ascende a 5.460; deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en Uci, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos. O número de PCR realizadas é de 34.423.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...