IniciosociedadeA tripulación do barco confinado en Burela dá negativo nos tests rápidos

A tripulación do barco confinado en Burela dá negativo nos tests rápidos

Os mariñeiros seguirán en corentena ata que chegue a confirmación das probas PCR por parte dun laboratorio de referencia

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os tripulantes do barco pesqueiro ‘Carla‘, amarrado no porto lucense de Burela, que permanecen confinados a bordo, deron negativo no test rápido efectuado polas autoridades para determinar se son portadores do coronavirus.

Os dezaseis tripulantes están en confinamento despois de que un dos membros dese positivo nun test anterior, aínda que finalmente todos deron negativo no test rápido.

Fontes sanitarias consultadas por Efe confirmaron que, malia que todos deron negativo nos tests rápidos, a tripulación segue en corentena ata que chegue a confirmación das probas PCR por parte dun laboratorio de referencia.

Os tripulantes continuarán no pesqueiro -de bandeira francesa e armador asturiano, e que segue custodiado pola Garda Civil– ata que se coñeza o resultado desas probas de coronavirus ás que foron sometidos todos os mariñeiros do barco.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...