IniciosociedadeSeis pacientes con coronavirus permanecen no Hospital, dous deles na Uci

Seis pacientes con coronavirus permanecen no Hospital, dous deles na Uci

A nivel provincial, o número de casos ascende a 594, tres máis có pasado venres; baixan os positivos hospitalizados pero aumentan lixeiramente os documentados en domicilio

Publicada o

- Advertisement -

Seis pacientes con coronavirus permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña, segundo concretou no mediodía deste sábado o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O reconto oficial da Consellería de Sanidade documenta dúas persoas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do centro hospitalario de Burela e outras catro en planta.

A nivel provincial, o número de casos ascende a 594, tres máis có pasado venres. Oito deles están nas unidades de críticos da provincia -os outros seis no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 32 en hospitalización, catro menos ca onte: ademais dos catro da Mariña, doce no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. Monforte segue sen doentes con coronavirus.

430 FALECEMENTOS EN GALICIA

Finalmente, rexistráronse outros sete casos en domicilio, para un total de 554.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.147, deles 1.382 son da área da Coruña, 594 da de Lugo, 1.200 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 345 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 115 permanecen en Uci, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.507 altas de pacientes e 430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 60.258.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, trala alta de tres maiores que foran trasladados a Santiago e están xa de volta, na residencia de Foz contabilízase un positivo entre os usuarios -o dunha persoa que está ingresada no Virxe dos Ollos Grandes– e outros seis entre o persoal.

En Mirador del Eo hai dous residentes infectados; unha destas persoas, unha muller, recibiu a alta hospitalaria semanas atrás. Compútanse outros tres en Betania, dous dos cales foran trasladados ao xeriátrico compostelán Porta do Camiño.

En Burela documéntanse dous empregados con coronavirus, por un da residencia San Rafael de Mondoñedo.

Nestes centros realizáronse probas a usuarios e empregados, así como en DomusVi Viveiro ou a unidade residencial da Asociación A Mariña, en Cervo. Nos outros xeriátricos da bisbarra as análises acometeranse nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...