IniciosociedadeSer invidente no estado de alarma: "o ruído bótase agora de menos,...

Ser invidente no estado de alarma: “o ruído bótase agora de menos, sentímonos inseguros”

Tocar é inherente á súa forma de vivir, polo que as luvas "quítanche máis vista ao deixarnos sen tacto"

Publicada o

- Advertisement -

“Todo ese ruído que antes tanto me molestaba, ese que nos desconcentraba e nos facía perder as referencias, agora, paradoxicamente, estrañámolo moito”. Quen fala é Carme Lucía Villalobos, unha muller invidente que vive en Compostela e que nestes días de estado de alarma polo coronavirus sente o silencio da rúa dende o interior da súa vivenda. “É incrible, irreal, non es capaz de entendelo”, afirma.

Leva sen pisar a cidade dende o día 12 de marzo. Ten a sorte, conta, de que o seu marido se encarga de facer a compra e o resto de recados que precisan no día a día. “Hai que ter en conta que nós temos unha dificultade engadida: a xente ve cos ollos, pero nós vemos coas mans“. Tocar é inherente á súa forma de vivir, cousa que xusto neste tempo resulta o menos recomendable. As luvas tampouco son a solución, porque “che quitan máis vista da que xa non temos, quedas sen tacto”. Por iso, e xa que “o medo é libre!”, Carme séntese na casa nun espazo seguro. Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...